Formación complementaria en esterilización para o alumnado do CM Coidados Auxiliares en Enfermería
José Manuel Maceira, delegado comercial de Matachana, visita a EFA.
O correcto funcionamento dos sistemas de esterilización, así como os procesos de validación e certificación dunha central de esterilización, son fundamentais para garantir a saúde e benestar de todos os pacientes tratados polo noso Sistema Sanitario, evitando a prevalencia de enfermidades nosocomiais no medio hospitalario derivada da hixienización incorrecta do instrumental e outro material sanitario e favorecendo a seguridade e hixiene dos operarios (TCAEs, na súa maioría) que traballan nestas centrais de esterilización.
O pasado luns 3 de maio, José Manuel Maceira visitou as instalacións do CM de Coidados Auxiliares en Enfermería, en EFA A Cancela, para facer unha exposición de varias horas de duración durante a cal nos explicou a historia e labor de Matachana, empresa responsable do deseño da Central de Esterilización do CHUA (A Coruña) e fabricante do autoclave que temos nas nosas instalacións, así como unha explicación sobre os procedementos de limpeza, desinfección e esterilización que lle serviu ao alumnado para repasar e afianzar moitos dos coñecementos previamente adquiridos ao longo de 4 unidades didácticas no noso módulo de Hixiene do Medio Hospitalario e Limpeza do Material, ampliando no proceso algúns destes contidos.