Finalistas proxecto coca – cola

/ Xuño 10, 2021/ Noticias

O ciclo de Educación Infantil pasa á última fase do Proxecto Coca-Cola co seu proxecto “Actívate As Neves”.

“Activate As Neves” é un proxecto realmente ambicioso, a través do que buscan mellorar a calidade de vida dos nosos maiores e mesmo dos máis pequenos.

Dende Actívate realizarán actividades de psicomotricidade, desenvolvemento cognitivo, cinema ou simplemente facerlles compañía a esas persoas que máis o necesitan.

Pero… non só consiste niso, se viñeches ás Neves nalgún momento, saberás todos os lugares de interese turístico cos que contamos, se non estiveches xa, non sei a que esperas!

Co noso proxecto tentamos facer felices aos habitantes deste pequeno pobo, promover o turismo, facer que o pobo cobre vida, e por que non, ser felices nós mesmos mentres o levamos a cabo.

Apúntaste a coñecelo un pouco máis?

Share this Post