Estuda con nós en EFA A Cancela, no seo do rural máis fermoso do Concello de As Neves

/ Xuño 29, 2021/ Noticias

Separada de Portugal directamente polo Río Miño, irmandada con 3 localidades francesas (Touvois, Legé e Corcoué-sur-Logne) e co seu propio xacemento paleolítico (o de Porto Maior, o máis antigo de Galicia), estamos nunha localidade rica en patrimonio natural e histórico, co seu castro, os seus muiños, caleiras, petróglifos, ermidas… Unha terra de magnetismo e maxia na que desfrutar da natureza.

EFA A Cancela é un centro de formación profesional no cal se imparten, a día de hoxe, 5 ciclos: dous superiores (Administración e Finanzas, Educación infantil) e tres medios (Xestión Administrativa, Coidados Auxiliares de Enfermería, Panadería, Repostería e Confeitería). Se buscas recibir a mellor formación cun trato persoal, non o dubides e contacta con nós.

Esperámoste cos brazos abertos!

 

Share this Post