Enquisa dos hábitos de consumo do Pan

/ Novembro 18, 2020/ Noticias

Colaboras con nós? Enquisa dos hábitos de consumo do Pan:

Neste primeiro proxecto empresa-aula os alumnos do ciclo de panadería van realizar un estudo de mercado que vén ser unha investigación para anticipar a resposta dos clientes potenciais e a competencia ante un produto ou servizo concreto, ben para o seu lanzamento mediante a creación dunha empresa ou no seu caso para saber a preferencia á hora de mercar o pan na nosa contorna e deste xeito ir coñecendo de primeira man cales son as tendencias actuais do consumo.

O obxectivo deste estudo de mercado é coñecer o perfil e comportamento do cliente obxectivo, así como determinar o tamaño actual e futuro do mercado, anticipar as reaccións da competencia e proveedores e identificar posibles elementos que poidan chegar  a transformar radicalmente o sector, por exemplo a irrupción dunha nova tecnoloxía ou lexislación.

Hai que resaltar que na sociedade actual, máis competitiva e cambiante que nunca, o estudo de mercado ten moita importancia xa que nos axuda a saber en todo momento como está a evolucionar o sector.

Enquisa ⬇

https://forms.app/form/5fb298d0d42afb6de5d5b2b9

 

Share this Post