Día Mundial do Pan

/ Outubro 16, 2020/ Noticias

DIA MUNDIAL DO PAN
16 de outubro, un ano mais celébrase o dia mundial do pan e na Cancela gozámolo coa masterclass de Claudio Argibay, de Panadería Argibay de Porriño, homenaxeado este ano polos nosos alumnos e a comunidade educativa que sabemos e valoramos aos artesáns das nosas comarca.
E a temática levounos a falar de ” pan de Porriño” , de calidade do pan,de masa nai, artesán, natural, etc, etc. E o mellor ensino de Claudio para cos nosos alumnos foi a paixón por este oficio tan bonito e especial.
E como conclusión dicirvos que na nosa escola reveindicamos a gran importancia de ter en conta no pan valores como:“o tradicional”, “o de sempre”, “o artesán”, “o de proximidade”, “o de toda a vida”,…Un pan que nos define, como territorio e bandeira do pan galego posiblemente o mellor PAN D O MUNDO!!

Share this Post