Concurso de tortas

/ Xaneiro 24, 2023/ Noticias

Esta fin de semana a Asociación Cultural Cillarga, de Ponteareas, convocou o seu tradicional concurso de tortas, que como vén sendo tradicional conta con profesores e alumnos da escola , como xurado do evento.

Nesta ocasión: a nosa profesora foi Fátima e os alumnos: Erick, Paula e Flori, unha boa representación do equipo de pastelería da EFA.

Comentar que non foi nada doado a deliberación entre as 29 tortas presentadas xa que cada ano aumenta o nivel tanto de sabor como de presentación e orixinalidade.

Unha vez máis a EFA participa na promoción rural e cultural da nosa comarca.

 

Share this Post