CLAUSURA CURSO 2014/15

/ Xuño 30, 2015/ Noticias

O pasado venres 19 de xuño tivo lugar no auditorio Vázquez Portomeñe de As Neves a clausura do curso 2014/15.
IMG-20150619-WA0022

Contamos coa presenza do señor alcalde D. Xosé Manuel Rodríguez Méndez, Dona Mª Carmen Gil, presidenta da Asociación EFA A Cancela, Don Enrique Rodríguez, Secretario da Federación de EfAs de Galicia, D. José Simón, Xerente da Bodega As Laxas e Dona Mª Antonia Mateos, directora da Efa A Cancela.

Visionamos un power point explicando a memoria de actividades realizadas durante o presente curso, un vídeo onde se recollían diferentes intervencións de empresarios que colaboraron coa Efa durante o ano académico, así como a valoración dos alumnos.

Ó remate das intervencións das personalidades que presidían a mesa, dous alumnos tamén fixeron as súas, Ina Blisse do Ciclo e Félix Méndez.

Finalmente disfrutamos dunha cena na Efa A Cancela coas familias.

clausura curso 2014-15 031 clausura curso 2014-15 039 clausura curso 2014-15 040 IMG-20150619-WA0012 IMG-20150619-WA0022 INA BLISSE Mª ANTONIA MATEOS Xosé Manuel Rodríguez Méndez

Share this Post