Celebración do Centenario de dona Purificación Fontán na Efa A Cancela
Dentro da celebración deste centenario, unha das actividades que estamos a levar a cabo na EFA A Cancela, foi poder interactuar coa Escola de Primaria de As Neves.
O luns tivemos o privilexio de que D. Manuel Álvarez Rodríguez , estudoso da historia de Dona Purificación Fontán de Elduayen, marquesa do Pazo da Mercé, viñese dar unha sesión formativa sobre a historia da marquesa.
Con toda esta aprendizaxe, os alumnos do ciclo de Educación Infantil de A Cancela, preparáronse para poder explicar a vida da marquesa do Pazo da Mercé aos alumnos de 6º de Educación Primaria do colexio das Neves.
Onte, viñeron visitar o centro e así tras a explicación, poderon descubrir tamén onde se atopan os restos da marquesa actualmente. Moitas grazas a D.Manuel por contarnos a historia da marquesa e moitas grazas aos alumnos e profesores do colexio por permitirnos compartir ese tempo con eles!! Esperamos que volvades visitarnos pronto.