Celebración da Santa Misa na iglesia parroquial de Tortoreos para conmemorar o centenario do falecemento da Marquesa Viuva do Pazo da Mercé, dona Purificación Fontán

/ Abril 23, 2021/ Noticias

Hoxe celebramos a Santa Misa na iglesia parroquial de Tortoreos para conmemorar o centenario do falecemento da Marquesa Viuva do Pazo da Mercé, dona Purificación Fontán.
Alumnos da Efa A Cancela e veciños de As Neves asistimos a unha emotiva ceremonia na que a presidenta da Asociación Efa A Cancela, Dna. Mari Carmen Gil adicou unhas palabras para rememorar a gran labor que a marquesa fixo no noso pobo fomentando o acceso á formación a todos os nenos.
Agradecer a participación da Coral Sta. María de As Neves, de Ana Comesaña estudiante do CS de Educación Infantil e Yeisson G. Moncada estudiante do CS de Administración e Finanzas por realizar as lecturas durante a ceremonia.
A Misa foi oficiada polo Ilmo.Sr. Juan Luis Martínez, vicario da Diócese de Tui-Vigo e cocelebrada polo párroco de Tortoreos e por D.Juan José Perea, capellán da EFA A Cancela.

Share this Post