A MOBILIDADE DENTRO DO SECTOR DA EDUCACIÓN INFANTIL

/ Decembro 21, 2023

Antía Pérez, Educadora Infantil e Mestra de Primaria en Dublín dende fai 6 anos, contoulles ao alumnado de 1º do CFGS de Educación Infantil a súa experiencia de vivir e traballar no sector da Educación Infantil nesta cidade. O alumnado puido resolver deste xeito, dúbidas e inquedanzas con respecto a esta posibilidade de traballo.…

NADAL COS NOSOS MAIORES

/ Decembro 21, 2023

Para rematar as celebracións desta semana, o alumnado do CFGS de Educación Infantil, elaborou postais de Nadal personalizadas para os maiores do Centro de Día de As Neves. Foi moi bonito e gratificante entregarllas en man e cantar con eles panxoliñas. Non podemos esquecer que estas datas son para abrir o noso corazón e…

Doazón na escola

/ Decembro 21, 2023

Os alumnos do CFGM de Coidados Auxiliares en Enfermería, o 1º curso do CFGS de Administración e Finanzas e o 2º curso do CFGS de Educación Infantil asistiron a unha interesante sesión sobre a Doazón de órganos dentro do programa que leva a cabo a Coordinación Autonómica de Transplantes de Galicia ADOS. Dentro do marco…

VISITA DE ESTUDO A APAMP

/ Decembro 18, 2023

O pasado venres, o alumnado de 2º curso do CFGS en Educación Infantil realizou unha visita á ludoteca inclusiva Apamp (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral). Alí Alejandra, directora e terapeuta ocupacional do Centro de Atención Infantil e Xuvenil (CAI), explicounos que este novo recurso xurdiu no ano 2015, dentro dos diferentes servizos e actuacións que…