Cales son as saídas profesionais dun Técnico Superior en Administración e Finanzas?

/ Xuño 1, 2016/ Noticias

Cursar un ciclo de formación profesional capacita o alumno para a incorporación inmediata a un posto de traballo dentro da súa especialidade. No caso do Ciclo Superior en Administración e Finanzas ábrese para o alumno todo un abano de postos de traballo os que poder acceder.

books-690219_1280

Un Técnico Superior en Administración e Finanzas, está capacitado para traballar tanto por conta allea, como para establecerse por conta propia e montar o seu propio negocio.

Os coñecementos adquiridos durante a súa formación, prepara o Técnico Superior en Administración e Finanzas para traballar nunha infinidade de ámbitos empresariais, pero caben destacar sete:

  1. Administrativo de despacho profesional e de oficina
  2. Contable
  3. Administrativo de banca e de seguros
  4. Administrativo de asesorías xurídicas, contables, laborais ou xestorías
  5. Administrativo de Administración pública
  6. Responsable en Tesourería (Cobros e pagos)
  7. Administrativo de loxística e recursos humanos

Estes son só os principais postos os que pode acceder un Técnico Superior en Administración e Finanzas. Pero dada a súa versatilidade, pode adaptarse a calquera ámbito da empresa podendo trocar de departamento dependendo das necesidades da compañía.

Onde traballaría?

En canto obtén o seu título, un Técnico superior en Administración e Finanzas poderá desenrolar a súa actividade en calquera tipo de empresa (grande, mediana, pequena) e en calquera sector de activade.

Tamén pode traballar por conta propia montando a súa propia empresa, algo que non lle resultará descoñecido, xa que no segundo curso ten que deseñar un proxecto completo de empresa e como levala ó éxito.

¿Queres obter o teu título de Técnico Superior en Administración e Finanzas e garantir o teu futuro laboral? Si, quero obter máis información.

Share this Post