As urxencias sanitarias a través dos ollos dunha enfermeira e unha tcae

/ Novembro 18, 2021/ Noticias

Sesión formativa de primeiro nivel para o noso alumnado de enfermería en EFA A Cancela, da man dunha enfermeira e unha TCAE do servizo de urxencias. 

As clases da tarde do pasado luns finalizaron cunha sesión formativa impartida por dúas expertas no campo da sanidade: María González (enfermeira) e Alejandra Guisande (auxiliar), ambas traballadoras do Servizo de Urxencias.

Non era a primeira vez para María, quen xa colaborou connosco o ano pasado cunha sesión virtual sobre a súa experiencia na UCI COVID durante o inicio da pandemia. Esta vez, para ilusión de todos, puido visitar a EFA realizando unha sesión presencial e contando coa su compañeira Alejandra, quen tamén logrou inspirar aos nosos futuros TCAEs.

Durante aproximadamente unha hora e media, ambas destacaron a importancia do traballo en equipo e o compañeirismo cando se traballa en circunstancias ás veces complexas mentres se salvan vidas. “Apoiarnos nos nosos compañeiros e confiar uns nos outros foi o que nos salvou da tolemia durante o noso traballo ao inicio da situación COVID. A COVID ensinounos a ser mellores compañeiros e a estar máis unidos“, destacaban con sinceiras palabras que non deixaron a ninguén indiferente.

Ademáis de falarnos sobre as técnicas de illamento, os cambios posturais na UCI, a correcta utilización dos equipos de protección e a súa experiencia durante a situación COVID, María e Alejandra brindáronnos unha visión exclusiva sobre o funcionamento das urxencias sanitarias, destacando o papel dos seus compañeiros celadores da UCI. “Os celadores da UCI son os mellores que podedes atopar no hospital”.

Grazas, María e Alejandra, polo voso tempo e a vosa xenerosidade. Contamos convosco para futuras colaboracións!

Share this Post