Actividade Proxecto Colaborativo de Loxística e Almacén

/ Marzo 27, 2023/ Noticias

A semana pasada os alumnos de 1º do CFGM de Xestión Administrativa e os de 1º do CFGM de Panadería, Repostería e Confitería, visitaron xuntos a empresa porriñesa Darlim, líder nacional na subministración de máquinas e produtos para a limpeza e a hixiene profesional.

A visita estivo enmarcada dentro do proxecto colaborativo que se está realizando este ano cos módulos de Compra-Venda na rama Administrativa e Operacións de Almacén en Panadería.

Ademáis da parte loxística, os alumnos  participaron nunha formación sobre a importancia da Seguridade Alimentaria e o Departamento Ccontable e de Aadministracion da Empresa.

Durante esta mañá tamén tivemos unha sesión de posta en común onde achegamos e concretamos entre todos os obxectivos da aprendizaxe que nos achegou esta actividade

Share this Post