A SAÚDE EMOCIONAL NA INFANCIA

/ Marzo 1, 2024/ Noticias

O pasado luns tivemos a sorte de contar con Cristina Martínez para dar unha sesión técnica ao alumnado de 1º do CFGS de Educación Infantil, sobre o apego e outras cuestións referentes á saúde emocional dos nenos e nenas. Cristina ten un amplo percorrido profesional no eido da psicoloxía. Actualmente forma parte de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia),  realiza consultas nun gabinete privado, e ademais traballa no Centro Ocupacional Doralresidencias.
Cristina falounos sobre a importancia do traballo como futuros educadores infantís, baseado en tres piares fundamentais:

  • O coidado e atención emocional aos propios nenos.
  • A boa relación que debemos fomentar coas familias.
  • A importancia do coidado cara a eles mesmos, como traballadores a cargo de persoas.

Falounos tamén sobre o apego, sobre como se constitúe e como afecta na vida adulta, facendo fincapé na importancia da nosa profesión para axudar a formar a nenos e nenas sans.

Grazas Cristina por todo o que compartiches connosco!

Esperamos que poidas volver pronto!

Share this Post