A nosa alumna e colaboradora, Ina Blisse (VidaBliss Mobility) participou nunha Conferencia Internacional

/ Novembro 26, 2020/ Noticias

O pasado martes, 17 de novembro, a nosa antiga alumna e colaboradora, Ina Blisse (VidaBliss Mobility) participou nunha conferencia internacional, dirixida pola organización alemá “Training Without Borders” ( Berlin), e que foi inaugurada pola “Primeira Dama” da República Federal, Elke Büdenbender. Durante o programa foi premiada, entre outros proxectos que descartaron, o proxecto VidaBliss Mobility que iniciou Ina Blisse en 2017 e que consta na organización de estancias de prácticas laborais para aprendices alemáns do sector panadería/pastelería no marco de programa europeo ERASMUS+ na zona metropolitana de Vigo. Na presentación do proxecto, que foi realizada por Rebecca Hof, mobility coach da Cámara de Artesanía de Düsseldorf, fíxose fincapé sobre o curso de iniciación da panadería e bolería galega na EFA A Cancela e as sinerxias que poden xurdir ao nivel empresarial a posteriori das estancias como foi o caso da adaptación do Molete de Santiago á Bio Bonita, a cal segue sendo un gran éxito de vendas nas panaderías de Ihr Bäcker Schüren en Alemaña.

Share this Post