FP, a formación mais demandada polas empresas. En A Cancela temos as probas

/ Setembro 19, 2019/ Noticias

Así o dí nun estudio a consultora Adecco, do que se ten feito eco ata no telexornal:

A partires do minuto 34 podedes ver a nova, no Telediario de RTVE na edición das 9 da noite do 18 de setembro do 2019. Un feito do que temos constancia dende hai anos en A Cancela, e que hoxe vemos con ledicia que tense  consolidado.

Na EFA A Cancela temos por bó o dato, posto que todos os alumnos que terminaron a súa formación nas nosas aulas neste mes de xuño están xa, a día de hoxe, traballando.

Un éxito que fan posible o seu talento, a súa adapabilidade, e a formación -especialmente pensada cara á empregabilidade, dende o primeiro trimestre do primeiro curso con asistencia a empresas- que lles aporta a EFA.

Share this Post