VISITA A PANADERÍA TRASTRIGO E O RESTAURANTE CASA MARCO EN VIGO DO CICLO DE PANADERÍA

/ Novembro 10, 2016/ Noticias

A pasada semana, os alumnos do Ciclo Medio de Panadería e Pastelería visitou a panadería viguesa Trastrigo, empresa artesá de panadería con pouca traxectoria empresarial, pero con unha capacidade enorme de emprender e innovar neste sector.

Na visita atendeunos Justo, un dos socios propietarios, e Marcial, un dos panadeiros e ex alumno da nosa escola.

A visita constou de dúas partes: nunha delas centrámonos na idea do negocio e cómo evolucionou nos seus dous anos de vida, e por outro lado vimos a parte técnica de produción de pan artesán na que se empregan masas nai para case a totalidade dos seus produtos.

No mesmo día visitamos o Restaurante Casa Marco, tamén en Vigo, e no que o seu chef Marco, nos ensinou o seu restaurante e dunha forma moi próxima lle falou aos nosos alumnos da importancia da profesionalidade do persoal da súa empresa, e do traballo en equipo, partindo sempre como meta ofrecer ao cliente a excelencia do servizo no restaurante.

Tanto o grupo de primeiro como os de segundo curso de Panadería quedaron moi satisfeitos de poder coñecer estas dúas empresas.img_20161102_115444 img_20161102_121319

Share this Post