ERASMUS/FCT no estranxeiro

/ Novembro 8, 2016/ Noticias

Seguimos traballando para que o noso centro se internacionalice e os nosos alumnos teñan posibilidade de formarse non só en España senón tamén en Europa.
O ano pasado, unha das nosas alumnas de Panadería fixo a súa FCT no estranxeiro, concretamente en Alemania.

Este ano, o turno será para outra alumna, que elixiu Florencia para formarse durante 6 meses facendo prácticas nunha empresa. Neste caso será a través dun consorcio no que participamos coa Deputación de Pontevedra e 22 institutos más da provincia.

Con este programa Erasmus os alumnos que así o desexen terán a posibilidade, unha vez rematada a súa FCT de 2º, de traballar nunha empresa de Europa entre 1 e 6 meses.

De cara ó ano que ven seguimos traballando para que sexan máis os alumnos seleccionados.

Máis info na nosa web (Erasmus+/FCT no estranxeiro).

Share this Post