Obradoiro de Pastelería Alemá coas mestras Ina Blisse e Lena Krzcal
Os nosos alumnos de Panadería, nesta terceira avaliación, irán descubrindo as elaboracións máis significativas da pastelería e panadería internacional.
E neste caso puidemos coñecer a través do obradoiro a “catro mans” diferentes texturas , cheiros e sabores que desde o inicio ao final transportáronnos a unha viaxe gastronómica por Alemaña.
Agradecer tanto a Ina como a Lena a súa colaboración.