I Xornada VIII Semana Gastrocultural 2023 “A vida no rural, unha oportunidade?

/ Maio 3, 2023/ Uncategorized

Comezamos a VIII Semana Gastrocultural 2023, este ano co título “A vida no rural, unha oportunidade?”.

Ao longo desta mañá de mércores diversos relatores expuxeron as súas posturas para debater este interesante tema.

  • MIUDÍÑO, SOC. COOP. GALEGA: “O RURAL, ESPAZO VIVO E RESTAURADOR”.

Judit Santos Almeida, socia fundadora.

A Cooperativa Miudiño nace do mundo da ilusión e dos soños, alimentada de tres grandes paixóns: a infancia, a natureza e o patrimonio cultural, que combinados entre si van dando vida a todo o que fan: música, contos, obradoiros, xoguetes, patios e espazos de xogo.

Ubicados en Valladares, Vigo, apostan por unha vida respectuosa e sostible, promovendo un achegamento á natureza e ao xogo libre.

Cé Orquestra Pantasma, obradoiros, fabricación de xoguetes tradicionais, educación ambiental son só algúns dos servizos que ofrecen.

  • GDR CONDADO PARADANTA: “FUNCIÓNS NO DESENVOLVEMENTO RURAL DA COMARCA”.

Francisco González Carracedo, xerente.

QUE É O GDR?

Paco explicounos que é unha asociación sen fins de lucro que se constitúe en A Cañiza o 30 de xullo de 2008 coa finalidade de vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos da comarca Condado Paradanta e constituírse nun foro de debate continuo sobre os problemas do territorio, prestando especial atención á mocidade, ás mulleres, á protección do ambiente, á creación de emprego e ás actividades agrogandeiras e forestais.

Xestionan fondos e programas europeos orientados ao desenvolvemento económico do entorno a través do Plan Leader.

Programa Xeodestino: composto por 10 concellos, agrúpanse para crear un destino turístico das Comarcas de Condado e Paradanta. Os municipios que forman parte son A Cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

O sociólogo colaborador do GDR, Camilo, fixo finalmente unha enquisa en directo analizando o territorio, a identidade residencial e o entorno laboral desexado dos asistentes ao auditorio.

  • “DONDE VIVEN LOS CUENTOS”: “UNHA ALTERNATIVA AO LECER NA NATUREZA, AMOR POLA CULTURA, LECTURA E FOMENTO DA EDUCACIÓN AMBIENTAL”.

Carla Muñoz López e Flavia Barrio Otero, xerentes, están comprometidos coa comunidade, senten unha gran responsabilidade social e teñen uns valores moi claros, entre eles a loita contra a desigualdade de xénero, promover a educación ambiental e dar a coñecer a historia, a cultura e as tradicións do seu concello (Nigrán, Pontevedra).

A súa razón de ser é transmitir ás nenas e nenos o amor pola cultura e, en especial, pola lectura. Deseñan actividades culturais, de tempo libre e de lecer familiar sempre ao redor da literatura infantil, a creatividade, a natureza ou o xogo libre. Todas as actividades as desenvolven con gusto e coidado para xerar aprendizaxe e diversión ao mesmo tempo.

  • CENTRO DE DÍA O LAR DE BREOGÁN: “O BENESTAR DOS NOSOS MAIORES

Celia González Rodríguez, socia fundadora.

Centro de día en Salvaterra de Miño para a atención personalizada dos maiores desde o ano 2014. Obxectivos a conseguir cos maiores: unha boa calidade de vida, divertirse e sen saír totalmente do seu entorno.

Necesitan recibir coidado e atención. Se merecen ser felices e que os escoiten. Coas diferentes actividades se evita o deterioro cognitivo porque están máis activos. Fórmase unha pequena familia.

  • CONCELLO DE AS NEVES: “PLANIFICACIÓN MUNICIPAL DE SERVIZOS NO RURAL PARA UNHA VIDA MELLOR

David Río, arquitecto municipal.

#vivenasneves, proxecto para asentar poboación no rural e dinamizar a economía do concello. Se crearon alianzas con asociacións veciñais, comunidades de montes… para crear oportunidades e tamén maximizar as fontes de financiamento ás que se ten acceso. Obxectivos:

  • eficiencia enerxética: enerxías renovables
  • vivenda: activación de vivendas baleiras, plataforma web
  • reto demográfico e acceso a internet.
  • POLO DE EMPRENDEMENTO DE SILLEDA

Vanessa Loureiro Fernández, técnica de emprendemento.

A área xeográfica de actuación do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Pontevedra Norte e Rías Baixas son as comarcas do Deza, Caldas e O Salnés, xunto cos municipios da Estrada e Barro. O equipo técnico deste Polo proporciona un apoio integral e continuado ás persoas que queren emprender, complementada por unha rede de mentores e profesionais para dar un apoio puntual e especializado cando é necesario. Están en contacto coas institucións educativas e co tecido empresarial para coñecer as necesidades existentes no territorio. Tamén colaboran cos GDR e as oficinas de emprego.

Share this Post