Os alumnos de Administración recibiron unha clase de wordpress por parte de Pablo Ares, creativo da empresa N8 Comunicación
Os alumnos de Administración recibiron unha clase de wordpress por parte de Pablo Ares, creativo da empresa N8 Comunicación, ao tempo que creaban o seu propio Blog sobre plantas locais con propiedades medicinais e gastronómicas.
WordPress é o principal sistema de xestión de contidos para a creación de páxinas web.
Pablo explicounos tamén o uso de diferentes programas para retocar fotografías e vídeos para acadar un formato apto para este sistema.