No Día Mundial do Pan, celebramos unha master class de altura e ¡que viva o pan!

/ Outubro 16, 2019/ Noticias

No Día Mundial do Pan, todo un básico da nosa base alimentaria, o máis empregado pola humanidade desde tempos remotos, un dos primeiros alimentos en dixerir o ser humano, temos convidado a acompañarnos na festa a un gran profesional do sector: José Manuel Mestre, panadeiro de Forno de Mosende.

Na visita ós alumnos que cursan o Ciclo Medio de Panadería e Repostería da EFA A Cancela, José Manuel falou de tradición panadera, do pasado e do presente da panadería artesana e deixounos albiscar cara a onde se dirixe o futuro do pan, que non pasa por outro camiño que o conseguir un produto artesano, sabroso e saudable. Un pan -dixo- que recupere o “sabor a pan” do onte e que se sitúe como un valor blindado á autenticidade e non competible con pans de venda en supermercados con harinas aditivadas, procesos rápidos e prezos onde a calidade non ten espazo comercial.


Falounos o panadeiro de Mosende da importancia de utilizar masas nais naturais que ademais de aportar levaduras salvaxes que aporten fermentación alcohólica, engade tamén bacterias que aportarán fermentación láctica e acética que fará un pan cheo de mil tonalidades de aromas e sabores únicos. Todo, sen esquecer a importancia no uso de masas nais e longas fermentacións a tarefa de degradar as proteínas do gluten de tal forma que sexan moito máis digestibles, con menos intoleracias alimenticias para o noso organismo e en definitiva máis saudables. E é que a Masa Nai é tamén a culpable de garantir que o noso pan teña unha durabilidad e conservación maior.


En definitiva, aproveitamos a data que celebramos hoxe para falar alto e claro en defensa do Pan e do oficio de panadeiro, ese profesional que, como sinalaba hoxe na master class José Manuel, con só 3 ingredientes (auga, harina e sal) pode crear infinitos formatos e tipos de pan… nun oficio que está cargado de moita “alquimia” e que fai en moitas ocasións sentir ao panadero como auténticos “magos das masas”.


A visita de José Manuel, a súa entrega e ilusión no desenvolvemento da súa tarefa e tamén no obradoiro impartido en A Cancela abriu ós nos alumnos todo un horizonte cheo de posibilidades neste oficio tan especial… un pracer, un luxo e unha festa. E que viva o pan!

Share this Post