REQUEIXO DE AS NEVES

/ Maio 15, 2015/ Noticias

A semana do 13 de abril na escola de A Cancela realizouse unha semana gastrocultural, á que asistimos os alumnos do primeiro curso de Panadería, Repostería e Confitería. O día 17 houbo unha conferencia sobre o requeixo e a mel de As Neves, a conferencia correu a cargo de Don Alejandro, xerente da cooperativa do requeixo e mel de As Neves.

MEL CONDADO PARADANTA

“O Requeixo de As Neves” é un queixo fresco único en Galicia, a súa orixe procede dunha Montaña da Parroquia de Cerdeira (As Neves), elaborado con leite de vaca, callo e fermento láctico, cuxa forma e elaboración fai lembrar os sabores de antano.

O Requeixo das Neves é o único que se pode tomar con garfo e que se comercializa en tendas especializadas ou independentes e en restaurantes. Como excepción véndena no Eroski de Ponteareas e nun stand de produtos tradicionais.

EXTRACCIÓN DA MEL

Para vender os seus produtos buscan tendeiros que expliquen e coñezan o seu produto e que non o vendan coma un requeixo mais.

Distribúese na Guarda, Tui, Tomiño, Rosal, área do Salnés, Condado Paradanta e áreas de comercialización de Vigo.

Véndeno a granel para os restaurantes e en tarriños de 3, 6 e 12 bolas envoltas individualmente, como se facía antigamente, só que antes envolvíanse en panos de liño e ó mesmo tempo conservando a tradición e diferenciándose da competencia.

O requeixo dura 15 días, os primeiros días é mais fresquiño e logo tórnase mais ácido, debido a que os fermentos lácticos seguen vivos.

A leite procede de Celanova polo tipo de pastos e porque ten un clima mediterráneo – oceánico coñecido como clima portugués, similar ó de As Neves facendo que o requeixo teña aromas e sabores que lembran a antano.

REQUEIXO E MEL (1)

O mel tamén procede de As Neves e son meles de pequenos e sabios apicultores da cooperativa. Non mesturan meles de distinta procedencia porque cada unha ten as súas características e a súa historia, o envase mostra a data e o nome do apicultor. O mel Condado-Paradanta posúe unha grande cantidade, calidade e variedade de plantas melíferas existentes. Brezo, eucalipto, castaño ou amora son algunhas das especies vexetais nas que as nosas abellas recolleitan o néctar con o que elaboran o mel. Dan moito valor a cómo os apicultores coidan das súas abellas, o facen respectando tódalas normas hixiénico-sanitarias.

O mel de As Neves conseguiu en 2011 a medalla de prata e este ano 2015 a medalla de bronce e está inscrita na Indicación Xeográfica Protexida “Mel de Galicia” e no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

A cooperativa Condado Paradanta centra a súa actividade na elaboración do queixo popularmente coñecido como“Requeixo das Neves”e na extracción e envasado de mel. Esta fundouse en 1996 e en 2002 comezaron a participar na feira do requeixo impulsada esta última pelo Concello de As Neves, que xurdiu no ano 1991 para dar a coñecer os produtos da zona.

 

Share this Post