HISTORIA DO PAN (Aarón, Fátima e Iria)

O xoves 16 de abril puidemos gozar da conferencia “A historia don pan dende a Prehistoria  ós  tempos  modernos”  ofrecida  por  Don  Maximino  Fernández  Sendín e encadrada dentro das actividades da “Semana Gastrocultural de A Cancela”.

Pan-de-cea-una-delicia-para-el-paladar.U2JmbkFpWHhoRFJXMGdMNy8vMTM4NzQ0MTc1Ny8Don Maximino, empresario, historiador, etnógrafo, inventor e escritor, nacido en Oviendo, aínda que con proxenitores galegos, levounos por un percorrido a través da Prehistoria e da Historia no que explicou os posibles inicios da panadería, así coma da evolución dos medios tecnolóxicos relacionados coa mesma.

Remontándonos a 5000 anos atrás (Neolítico) encóntranse probas de que o home xa consumía cereais (escanda), grazas ó descubrimento dunha momia de varón (Oetzi) en perfecto estado de conservación nos Alpes italianos. Este primeiro pan consistía nunhas tortas duras, sen lévedo e de difícil dixestión que se cocían sobre pedras quentes, método aínda utilizado na actualidade por moitas tribos.

Por outra parte, a forma de obter a fariña do ceral era mediante moenda a man en muíños barquiformes. Haberá que esperar ó nacemento da civilización exipcia para descubri-la fermentación do pan. E serán as relacións comerciais entre exipcios e os fenicios as que darán como froito a chegada deste pan levedado a Hispania, a través dos últimos.  Ainda que realmente serán os gregos e romanos os que propiciarán a súa expansión polo noso territorio.

O pobo grego converteuse nun auténtico experto na panadería, usando diversos cereais e formas na elaboración do pan.

Posteriormente, coa invasión romana, os panadeiros gregos foron adoptados como escravos, e os romanos aprenderon deles e melloraron o produto.  Este alimento era de vital importancia no Imperio Romano, que se aseguraba de alimentar con ele á plebe para evitar sublevacións.  Tamén foron os inventores do muíño hidráulico.

Chegando á Idade Media, descubrimos que, como en moitos outros ámbitos, non se producen avances na panadería, e moita da actividade panadeira queda relegada ós conventos e mosteiros.

Avanzando na Historia, chegamos ó século XV, o descubrimento de América e do millo, aínda que non será ata finais do século XVI cando chegue á Península e se inicie o seu cultivo. Xusto neste momento da historia, o cereal mais empregado para facer pan en Galicia era o “mijo”, chamado “millo miúdo”, que quedaría desprazado pelo  “maíz”, ó que chamaron “millo” Da necesidade de almacenar as grandes colleitas de millo, xurdiu á construción dos hórreos, tan típicos da paisaxe galega. Ficando en Galicia, é interesante mencionar a tradición na elaboración do “pan de millo”, que aínda seguen levando a cabo moitas persoas en fornos de pedra, de herdanza castrense.

Xa na actualidade existen uns procesos de elaboración moi mecanizados e un emprego dunha amplísima gama de cereais e fariñas de diversos produtos na fabricación do pan, converténdose en moitas ocasións, materias primas asociadas à pobreza (como a castaña ou a landra) en algo diferente, especial, que facen do pan una especie de “delicatessen”.

Por outra parte, resulta de gran interese o comentado na conferencia relativamente á escanda. Pois sendo o primeiro cereal da Prehistoria, chegou ós nosos días e é cultivado principalmente en Asturias, onde a súa difícil recolección mediante mesollas e o tipo de tratamento na moenda (por tratarse dun cereal vestido), facen da escanda e do pan elaborado con ela, un produto moi caro. Aínda así, presenta una grande cantidade de beneficios para a saúde e o pan de escanda é saudable, rico e de larga duración.

Para rematar, merece especial mención a “Casa Museo Pazo da Cruz” (en Covelo) da que Don Maximino é o propietario. Nela pódese gozar dun conxunto de pezas de incalculable valor histórico de diferentes épocas, así coma de replicas ou recreacións con elementos auténticos dunha clase dunha escola dos anos 50, ou incluso dunha selección de enerxías renovables.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *