Xaneiro 2016, viaxe de estudos a Madrid

/ Xaneiro 28, 2016/ Noticias

IMG-20160119-WA0008

A semana comprendida do 11 ao 14 de xaneiro, os alumnos de Xestión Administrativa realizaron a súa viaxe de estudos a Madrid, onde compartiron visitas profesionais, culturais, e lúdicas, nun ambiente de convivencia distendido e moi proveitoso desde todos os ámbitos.

Algunhas das visitas que se realizaron foron :

-Visita ao Congreso dos Deputados, foi unha visita guiada por diferentes salas, concluíndo no Hemiciclo cunha foto de grupo, que queda como testemuño para a posteridade.

-Visita á Fundación de Estudos Financeiros, recibidos polo seu director, que nos dedicou case dúas horas do seu tempo e que dixo cousas moi interesantes, tales como:

  • “En 2014, incrementáronse os contratos aos titulados en C.M.de Xestión Administrativa nun 10% “.
  • “Somos demandantes de emprego da Unión Europea,  e debemos ter as portas abertas á mobilidade laboral”.
  • “Gozar co noso traballo e ter unha ética no traballo fai que sexas máis feliz e fagas máis feliz aos que che rodean”

Motivación para ser mellores e para traballar mellor en definitiva

A visita a IBM, no CLIEN CENTER, así mesmo resultou moi proveitosa , tanto pola visión das instalacións magníficas e a explicación da función que cumpren cada unha das salas, como pola MISIÓN que actualmente ten IBM  como multinacional e a súa dedicación exclusiva a traballar con empresas como clientes, así como a organización e a RSC que ofrece. Destacar que tamén aquí a atención foi impecable.

A última visita de tipo profesional,  foi  o departamento de márketing e relacións públicas de Las Rozas Village, onde o encargado deste departamento explicounos como funciona este outlet, que eventos acolle, e que requisitos se lle esixen ás firmas integradas nel.

Complementarias a estas visitas, foron as de tipo cultural, histórico e artístico, por exemplo, ao museo Tissen, ao Museo do Prado, ao Palacio Real, etc. e as visitas pola cidade, o Retiro, Praza Maior, Cibeles,.

En definitiva un ambiente de convivencia e aprendizaxe que volveríamos repetir con moito gusto.

IMG-20160119-WA0011

IMG-20160119-WA0018

IMG-20160119-WA0019

IMG-20160119-WA0020

IMG-20160119-WA0021

IMG-20160119-WA0013

IMG-20160119-WA0009

 

Share this Post