Visita a Inditex e Voz de Galicia

/ Febreiro 9, 2018/ Noticias

O pasado luns 29 de xaneiro os alumnos de administración visitaron as empresas INDITEX  e VOZ DE GALICIA, que teñen a súa sede en Arteixo, A Coruña.

Foron visitas moi interesantes e instrutivas para os nosos alumnos.

A Voz de Galicia ten 14 edicións (A Coruña, Santiago, Ferrol, Barbanza,

Arousa, Bergantiños, Deza, Pontevedra, Vigo, A Mariña, Lugo, Monforte, Ourense, España).

Na súa sede visitamos a redacción, a imprenta e o Museo, onde puidemos observar a evolución do periódico desde a súa creación en 1882 ata agora. Foi, un percorrido pola historia…

O fundador do periódico, Juan Fernández Latorre, fixo da liberdade, a democracia e a disciplina os seus ideais. Para defendelos decidiu fundar este periódico.

Na sala de imprenta observamos o funcionamento da rotativa, que é a máquina para imprimir os periódicos. Na sala de pre-impresión é onde reciben os arquivos electrónicos (textos, fotos, publicidade…). A continuación unhas máquinas a través dun láser, barren as pranchas reproducindo as páxinas do periódico. Destacar que todo o papel utilizado é reciclado.

A publicidade é un dos principais medio de ingreso da Voz de Galicia, e dos periódicos en xeral. A Voz publica diariamente 400 anuncios. As tarifas son moi diversas…unha páxina impar, un domingo pode costar máis de 9.000€, aínda que na edición de Ourense non supera os 1.000€.

En Inditex visitaron as diferentes naves nas que se divide este grupo. Comezaron polos departamentos de deseño de neno, muller e home.

A continuación fixemos un percorrido polos túneles que comunican os distintos edificios e por onde trasladan a roupa.

Finalmente vimos a zona de rematado e o sistema tecnolóxico empregado para distribuir a mercancía a todas as tendas.

Share this Post