VISITA DOS XERENTES DA PIZZERÍA DE MODA EN PONTEAREAS
Nesta pasada semana contamos na escola cos xerentes da Pizzería Píccola, en dita charla participamos os dous grupos de pastelería.
Esta empresa está situada en Ponteareas e tratase dun restaurante italiano coa súa oferta centrada na Pizza e na pasta artesán.
O fronte da cociña está Tarcisio e o da sala a súa compañeira Rogelia Tellado, ámbolos dous apostan por ofrecerlle ó cliente un bo produto e unha gran experiencia, posto que ambos partiron cursando hostalería e especializándose cada un en complexos hoteleiros de Italia, Canadá, Suiza e Francia.
UNHA HISTORIA DE HOSTALERÍA CONTADA POLOS SEUS PROTAGONISTAS
Chegado o momento decidiron apostar pola creación dun negocio de carácter familiar e ben estruturado, hoxe en día están apostando por abrir o seu segundo establecemento.
Centraron a charla dunha forma moi motivadora sinalando a os nosos mozos e mozas a importancia de aspirar a ser bos profesionais, onde a constancia, a disciplina e as gañas non poden afrouxar.
Lles falaron coma empresarios sen deixar de asegurarlles que o esforzo do traballo chega a ser recompensado e as metas chegan a ser cumpridas.
Enumeraron no seu discurso habilidades tales coma saber traballar en equipo, a importancia da imaxe persoal, a puntualidade, o control do estrés e o bo temperamento, en definitiva podemos dicir que foi un baño de positivismo e aposta por estas novas xeracións de profesionais que saen da escola e dos propios empresarios saben son un elo fundamental para o futuro da hostalería.
Fátima Estévez