VIAXE A LONDRES 2014
VIAXE A LONDRES 2014
PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN PAÍSES DE FALA INGLESA
Na Efa Cancela estamos a desenvolver un Programa de Inmersión Lingüística en Países Estranxeiros co obxectivo de que os nosos alumnos practiquen in situ o Idioma Universal, que é o Inglés.
O aprendizaxe de idiomas constitúe un elemento imprescindible para desenvolverse nos distintos ámbitos da vida actual, tanto no laboral, tendo en conta a internacionalización das relacións económicas, coma mesmo na vida cotiá, dadas as posibilidades que ofrecen os numerosos intercambios humanos que se suceden cada vez en maior medida.
Iso levounos a idea de potenciar cada vez máis o estudo das distintas linguas, entre as cales, resulta indubidable que o inglés ocupa un dos primeiros lugares. Ata tal punto é así que a Comisión Europea se formula fixar nos Obxectivos 2020 de Educación e Formación un novo indicador que consistiría en que os Estados Membros dispoñan de polo menos un cincuenta por cento de alumnado no nivel B1 ou superior no primeiro idioma estranxeiro.
Non obstante a actividade puramente docente, se ben resulta básica, ao achegar os fundamentos teóricos do idioma, non sempre resulta suficiente pois os alumnos españois non obteñen os resultados esperados en inglés malia que o ensino desta lingua comeza a unha idade máis temperá que na maioría de países. As maiores dificultades obsérvanse na comprensión oral. É por iso polo que convén complementar o ensino na aula cun aspecto práctico que tradicionalmente se veu levando a cabo mediante o desprazamento dos alumnos a distintos países de fala inglesa.
Impulsados con este obxectivo neste primeiro viaxe o destino elexido foi o berce da Lingua Inglesa por excelencia…..LONDRES.
Antes de nada imos facer un pequeño análise desta fermosa cidade.
Londres (London): Capital de Inglaterra e o Reino Unido. Ten a maior cidade e área urbana de Gran Bretaña e de toda a Unión Europea. Situada a beiras do río Támese, Londres é un importante asentamento humano dende que foi fundada polos romanos co nome de Londinium hai case dous milenios.
Superficie: Ten unha superficie de 1570 km² e unha poboación aproximada de 8 308 369 hab.
Clima:Londres ten un clima oceánico morno, similar ao do resto do sur de Gran Bretaña. A pesar da súa reputación de cidade chuviosa, Londres recibe menos precipitacións nun ano que Roma (834 mm) ou Burdeos (923 mm).
Os veráns son xeralmente cálidos e de cando en vez moi calorosos. No centro da cidade as temperaturas adoitan ser uns 5 °C máis altas que nos arredores debido ao efecto de illa de calor que crea a área urbana. A temperatura media dos veráns londinienses é de 24 °C.
Goberno: Monarquía constitucional. Isabel II, raíña de Inglaterra. Isabel II é a actual monarca de dezaseis Estados soberanos coñecidos como Reinos da Mancomunidade de Nacións: o Reino Unido, Canadá, Australia, Nova Zelandia, Xamaica, Barbados, Bahamas, Granada, Papúa Nova Guinea, Illas Salomón, Tuvalu, Santa Lucía, San Vicente y las Granadinas, Belize, Antiga e Barbuda e San Cristóbal y Nieves. Tamén, é a principal figura política dos cincuenta e catro países membros da Mancomunidade de Nacións. No seu rol específico como monarca do Reino Unido é á súa vez a gobernadora suprema da Igrexa de Inglaterra. O seu papel político abrangue grandes áreas, ten funcións constitucionais significativas e actúa como foco da unidade nacional dos británicos e como representante da súa nación ante o mundo.
Relixión: De acordo co censo de 2011, o grupo relixioso máis numeroso de Londres son os cristiáns (48,4%), seguido dos irrelixiosos (20,7%), musulmáns (12,4%), os que non declaran ningunha relixión (8,5%), hindús (5,0%), xudeus (1,8%), sijes (1,5%), budistas (1,0%) e outros (0,6 %).
Londres foi tradicionalmente cristián e conta con moitas igrexas, especialmente dentro da City. As famosas catedrais de San Pablo, na City de Londres.
Segundo o Eurostat, Londres é a maior zona urbana de Europa. Non obstante, a Universidade de Aviñón sostén que é París.
MEMORIA DO VIAXE A LONDRES
No primeiro día recorremos as inmediacións de HYDE PARK. Con máis de 140 hectáreas de extensión, Hyde Park é o parque máis grande do centro de Londres. Constitúe o gran pulmón da cidade e serve como lugar de esparexemento para londinienses e turistas.
Atravesando Hyde Park chegamos ó tan coñecido HARRODS. Éste é o centro comercial máis famoso de Londres. Está situado en Brompton Road, no distrito de Knightsbridge, moi preto de Hyde Park.
En decembro de 1883 Harrods foi vítima dun grande incendio e derrubouse. Ao pouco tempo, o edificio foi reconstruído a maior escala. Actualmente o propietario de Harrods é o exipcio Mohamed Al Fayed.
No segundo día en Londres a nosa visita obrigada foi a ABADÍA DE WESTMINSTER (Westminster Abbey).
A Abadía de Westminster é o templo máis famoso e antigo de Londres. Elixida como sede para as coroacións reais, a abadía tamén acolle as tumbas dos monarcas e figuras históricas británicas dos últimos mil anos.
A abadía, construída con estilo románico, foi consagrada no ano 1065 para dar acubillo aos monxes beneditinos. Entre 1245 e 1517 foi reconstruída cun estilo gótico e durante o século XVIII sufriu a súa maior transformación, tras a construción das dúas torres da entrada principal.
Dende a coroación de Guillermo el Conquistador no ano 1066, todos os monarcas ingleses foron coroados na Abadía de Westminster utilizando un trono de coroación medieval do século XI que aínda se conserva.
Algúns dos acontecementos máis recentes celebrados na abadía foron o 80 aniversario da raíña Isabel II ou o funeral da princesa Diana de Gales.
O rincón dos poetas alberga as tumbas e mausoleos de grandes xenios da literatura como Charles Dickens, William Shakespeare, Geoffrey Chaucer, Samuel Johnson e Rudyard Kipling.
A nosa seguinte parada foi no PALACIO DE WESTMINSTER no que asistimos a unha sesión no Parlamento na chamada “House of Commons” (Casa dos Comúns). Nesta primeira Cámara Parlamentaria é onde se tratan os Primeiros Bocetos das Leis.
O Palacio de Westminster (Westminster Palace), tamén coñecido como as Casas do Parlamento (Houses of Parliament), é un edificio gótico vitoriano que alberga as dúas Cámaras que compoñen o Parlamento Británico.
A coñecida torre do Big Ben, o famoso reloxo das Casas do Parlamento converteuse nunha das imaxes máis famosas de Londres, ademais dun dos principais símbolos da cidade.
Os nosos alumnos aprenderon que aínda que xeralmente cando falamos do Big Ben nos referimos á Torre do Reloxo do edificio do Parlamento de Londres, esta denominación non é de todo exacta, xa que o Big Ben realmente é unha enorme campá de 14 toneladas que se encontra no interior da torre.
O reloxo da Torre do Big Ben, composto por un reloxo de 7 metros de diámetro en cada unha das súas caras, foi posto en marcha en maio de 1859. Hoxe en día converteuse nun símbolo da nación e as súas badaladas son transmitidas a diario pola cadea de raio da BBC.
O noso seguinte destino foi o MUSEO BRITÁNICO (BRITISH MUSEUM). Na actualidade o Museo Británico recibe máis de 5 millóns de visitantes anuais, o que o converte no terceiro museo máis visitado do mundo, por detrás do Louvre de París e do Metropolitan Museum de Nova York.
Entre os obxectos da colección estaban incluídos máis de 40.000 libros e antigüidades procedentes de Grecia, Roma, Exipto, Oriente Medio e América.
En 1782 aumentou considerablemente a colección de pezas de orixe grega e romana e, despois disto, en 1801 o museo adquiriu unha gran cantidade de antigüidades exipcias, entre as que se inclúe a impresionante Pedra Rosetta (grazas á cal se puideron traducir os xeroglíficos exipcios).
Tamén fixemos algún descansiño, como por exemplo degustar a ampla variedade de cafés na famosa cadena de Sturbucks.
Despois dirixímonos hacia SOHO E CHINATOWN, ó tempo que atravesábamos as famosas PRAZAS DE TRAFALFAR (SQUARE) E PICADILLY CIRCUS.
No centro da praza álzase a maxestosa Columna de Nelson, construída en 1843 en honor ao almirante Nelson, falecido mentres se encontraba ao mando da armada británica na Batalla de Trafalgar.
A columna de granito de case 50 metros de altura está coroada por unha estatua do almirante Nelson e rodeada por catro leóns de grandes dimensións, construídos a partir do bronce fundido dos canóns da frota francesa.
Na parte norte da praza álzase a maxestosa NATIONAL GALLERY e fronte a ela sitúanse dúas grandiosas fontes que se iluminan cando cae a noite.
A Galería Nacional de Londres expón obras pictóricas de procedencia europea, dende 1250 ata 1900. A colección permanente está composta por máis de 2.300 pinturas, entre as que destacan algunhas obras de Rembrandt, Tiziano, Velázquez, Van Gogh e Miguel Angel.
A praza de Picadilly Circus é coñecida polos seus carteis luminosos e a fonte de Eros situada no centro, que se converteu nunha das iconas de Londres.
A oferta de ocio de Piccadilly Circus é moi extensa, dende unha gran cantidade de tendas, cines e teatros, ata restaurantes para todos os gustos.
Piccadilly Circus é un dos lugares máis animados de Londres e unha das principais zonas de festa da cidade. Nas inmediacións da praza abundan os relacións públicas que ofrecen entradas con desconto para os locais de moda.
Chinatown non está carente de historia. A zona orixinal encontrábase na parte este de Londres, onde comezaron a concentrarse miles de mariñeiros chineses a finais do século XVIII. Estes foran contratados en China pero, por razóns diversas, tiveran que ir quedando a vivir en Londres.
No ano 1914, xa se abriran 30 negocios chineses en Limehouse, a maioría para surtir os propios mariñeiros. Durante a Segunda Guerra Mundial a zona quedou destruída e encontrar traballo na mariña era misión imposible para os estranxeiros.
A metade do século XX os chineses que quedaban en Londres sufrían serias penurias. Por sorte para eles, os soldados que volvían de Asia chegaban con ganas de seguir degustando comida asiática. Nesa época abríronse os primeiros restaurantes en Gerrard Street, unha rúa con moita reputación gastronómica internacional.
A popularidade dos restaurantes chineses atraeu grandes emprendedores asiáticos que converteron a zona na actual Chinatown.
No noso terceiro día en Londres dirixímonos, como non, ó PALACIO DE BUCKINGHAM para asistir ó tan famoso Cambio de Guardia.
O Palacio de Buckingham (Buckingham Palace) é a residencia oficial da Familia Real Británica en Londres dende 1837. Actualmente, é o lugar de residencia da raíña Isabel II.
Durante as dúas guerras mundiais o pazo sobreviviu de xeito exemplar. Na Primeira Guerra Mundial tivo a sorte de non ser atacado pero, durante a Segunda Guerra Mundial, foi bombardeado en diferentes ocasións. O bombardeo máis importante destruíu a capela real en 1940.
Tivemos a sorte de que a bandeira estaba izada o que quere dicir que a Reina de Inglaterra atópabase neses momentos dentro do Palacio.
Desde aquí diríximonos a NOTTING HILL E Ó MERCADO DE PORTOBELLO.
O Mercado de Portobello é un dos mercados máis famosos de Londres. En Portobello é posible encontrar unha gran variedade de artigos, entre os que destacan as antigüidades. As moedas, reloxos, mobles, selos ou xoias son algúns dos obxectos máis populares.
O Mercado de Portobello toma o nome da rúa na que se encontra, Portobello Road. Esta rúa ten uns tres quilómetros de lonxitude e conecta Nothing Hill con Ladbroke Grove. Ademais dos coloridos postos da rúa principal, tamén é posible encontrar tendas e postos en rúas perpendiculares como Westbourne Grove.
Pola tarde-noite desfrutamos das vistas desde a LONDON EYE.
Coñecida tamén como Millennium Wheel (Roda do Milenio), a noria é un logro do deseño e a enxeñaría construído ao longo de sete anos por centos de traballadores provenientes de cinco países diferentes.
A London Eye foi a maior nora do mundo ata o ano 2006 cando foi superada pola Estrela de Nachang en Nachang (China). En 2008, os 165 metros do Singapore Flyer marcaron un novo record.
No cuarto día empezamos a nosa visita no MERCADO DE CANDEM (Candem Market)
Durante o día, a zona está abarrotada de turistas e é unha visita obrigada, pero durante a noite convértese nunha zona pouco recomendada para o público en xeral.
No mercado de Camden hai moitos postos de comida, os puestecillos móbiles que se sitúan na praza, bastante máis caros pero con mellor aspecto (e onde a comida está bastante máis boa), e os postos fixos que hai nos soportais, postos de múltiples nacionalidades con comida de todo tipo, nos que venden bandexas de comida por 3 ou 4 libras.
A continuación pola tarde e movéndonos no famoso Metro Londinense para percorrer a enorme zona Centro fomos a chamada CITY a visitar en primeiro lugar a TORRE DE LONDRES (TOWER OF LONDON).
Durante máis de 900 anos a Torre de Londres foi sinónima de terror debido a que se trataba do lugar no que eran encerrados todos aqueles que ofendían o monarca. A maioría dos presos malviviron en condicións espantosas e non saíron con vida, ou foron torturados antes de ser executados na próxima Tower Hill (Outeiro da Torre).
Foron moitos os personaxes de gran relevancia que tiveron a desgracia de sufrir entre as paredes da Torre de Londres, entre os que se incluíron algúns reis derrocados, aristócratas e clérigos acusados de traizón. Algúns dos personaxes máis destacados entre os que foron executados na Torre Verde foron a raíña consorte Ana Bolena, a raíña Jane Grey, o barón William Hastings, ou o pensador e escritor Tomás Moro.
A continuación o TOWER BRIDGE.
Tower Bridge (Ponte da Torre) é un dos símbolos máis destacados de Londres. Esta rechamante ponte levadiza, construída con estilo vitoriano, encóntrase situado xunto á Torre de Londres.
Desde o Támesis divisamos o original CONCELLO
Inaugurado no ano 2002, o peculiar edificio do City Hall posúe unha característica forma ovalada que lle outorga unha aparencia futurista.
Para a creación dos deseños contouse coa inspiración do arquitecto Norman Foster, artífice doutros curiosos deseños como o do edificio do Parlamento de Berlín.
O impresionante edificio “SHARD”
The Shard é o rañaceos máis alto da Unión Europea con 310 metros de altura. Dende a súa inauguración en xullo de 2012, a silueta de The Shard determinou o skyline de Londres para sempre. Nos seus inicios foi coñecido como London Bridge Tower.
Nas súas 87 plantas, 72 delas utilizables, The Shard conta con oficinas (plantas 3-28), restaurantes (31-33), o luxoso hotel Shangri-La (34-52), apartamentos (53-65), un miradoiro (68-72) e a agulla (73-87).
Como dato curioso e arrepiante, os apartamentos privados en The Shard, dos que só hai 10, un por planta, saíron á venda por prezos de entre 30 e 50 millóns de libras esterlinas.
O buque-museo “HMS BELFAST”.
O buque HMS Belfast é un museo flotante ancorado no río Támese que forma unha parte importante do Imperial War Museum. A través das súas extensas exposicións, o barco mostra os diferentes aspectos da vida en altamar durante a súa participación na Segunda Guerra Mundial.
Pola tarde disfrutamos dun Cruceiriño polo Támesis e visitamola CATEDRAL DE SAN PABLO E O IMPERIAL WAR MUSEUM.
Cunha altura de 110 metros, a Catedral de San Pablo (St Paul ´ s Cathedral) de Londres é a segunda catedral máis grande do mundo, xusto por detrás da Basílica de San Pedro de Roma. Esta catedral é a obra mestra de Christopher Wren.
Probablemente o maior atractivo da catedral sexa a súa gran cúpula, composta por tres galerías circulares. Tras un ascenso de 257 chanzos chégase ata a primeira delas, a Galería dos Murmurios, situada a 30 metros de altura. Trátase dun lugar cunha incrible acústica no que se pode oír ata o máis mínimo son producido no extremo oposto da cúpula.
As entrañas da Catedral de San Pablo encóntranse perforadas formando unha gran cripta na que se conservan algúns fragmentos dos anteriores templos e diferentes monumentos e memoriais, ademais dos restos dalgúns grandes personaxes británicos como Nelson, Wellington ou Churchill.
O Imperial War Museum (Museo Imperial da Guerra) ten por finalidade favorecer a análise e a comprensión dos conflitos bélicos producidos ao longo da historia, outorgando grande importancia aos efectos da guerra sobre a poboación civil.
E así rematou a nosa aventura pola capital Inglesa. Foi unha experiencia inesquecible, na que os alumnos aprenderon e disfrutaron moito e sobre todo quedaron con moitas ganas de volver e repetila experiencia.