Unha viaxe con moito fruto: do aula á empresa desde o primeiro trimestre do ciclo
| 
 Os alumnos de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa acaban de volver da súa estancia de unha semana en diferentes empresas colaboradoras que reciben cada ano ós estudantes de A Cancela. 
Son alumnos que empezaron o curso en outubro pero que, grazas a noso proxecto Empresa-Aula xa tiveron a oportunidade de estar nunha desas empresas durante 5 días laborais cada trimestre, polo que desde o principio van coñecendo a realidade das empresas e os desempeños da súa futura labor. Así poden saber axiña cara a onde lles gustaría orientar as súas prácticas no próximo curso: xestoría, asesorías, concellos, aseguradoras… Á volta á EFA fixeron a exposición do seu traballo ante os seus compañeiros e profesoras, resumindo o aprendido e desenrolado nestes días, e o balance foi realmente positivo. Grazas ás empresas colaboradoras, unha realidade imprescindible que fai mais grande á EFA e os seus alumnos, e multiplica a empregabilidade dos ciclos.  | 

                        
Na exposición ós alumnos e profesores contaron as liñas maestras do traballo desenrolado.
A experiencia supón un plus de ilusión nada mais comezar cos estudios do ciclo.