PROGRAMA EDUEMPRENDE ACTÚA

/ Xaneiro 27, 2017/ Noticias

O centro está participando neste programa da Xunta de Galicia coa colaboración conxunta da Consellería de Cultura, Educación e O.U. e o IGAPE. Está dirixido a alumnado, entre outros, de segundo curso de ciclos formativos de grao medio e superior. No noso caso participan o Ciclo Medio de Panadería, Repostería e Confitería e o Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

20170126_093835

Consiste en achegar a realidade emprendedora ó alumnado coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e dunha persoa emprendedora que da a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.

20170126_093803

Onte, 26 de xaneiro, coa participación de Víctor (técnico do IGAPE) e Luz (emprendedora cun negocio innovador de productos ecolóxicos, Taskatenda, situada en Salvaterra de Miño) desenvolveuse a segunda fase do programa cunha actividade na que a temática foi “A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado”.

A emprendedora compartiu a súa experiencia de posta en marcha da súa empresa, as dificultades que tivo e como as solucionou, tamén como se financiou.

20170126_101040

Pola súa parte, o técnico do IGAPE coordinou a actividade e contestou ás cuestións técnicas relacionadas coa posta en marcha dunha empresa.

Posteriormente, na análise feita na aula entre alumnado e profesorado se destacou a importancia que a formación,  o espírito emprendedor e o coñecemento do mercado e as súas tendencias ten á hora de levar á práctica unha idea de negocio.

 

Share this Post