“Pregúntalle”: inauguramos un proxecto para coñecer a realidade da empresa de máns dos empresarios

/ Outubro 24, 2019/ Noticias

O primeiro empresario invitado a pisar as aulas da EFA A Cancela para este proxecto é Fernando Otero Agulla, gerente da empresa Veraleza (antiga Pycflorga), que da traballo na actualidade a 180 persoas, 30 deles administrativos. Coñecer da súa propia voz cómo deu o salto de empezar él só a ter este volume de negocio e emprego era, sen dúbida, un aliciente.

O empresario foi presentado pola directora da EFA A Cancela, Lara Fernández

Invitamos a Fernando Otero a participar nesta iniciativa que busca coñecer o estado real da empresa na actualidade, as demandas dos inversores, as habilidades que precisan dos empregados, o perfil polo que se decantan…

O salón de conferencias da EFA encheuse para escoitar a experiencia do empresario tomiñés.

Entre os consellos que aportou o empresario ós asistentes destaca a posta en valor da actitude e do compromiso por parte do profesional, valores ós que él engadía á asunción dos erros e a capacidade de aprender deles, e á importancia de apreciar os dons que se posúen e poñerlos en xogo.

Veraleza é unha empresa internacional que importa flores principalmente de Holanda, Ecuador, Colombia, Tailandia ou Kenia, e na sua xestión céntranse na experiencia obtida de asesores externos, dos que están sempre aprendendo e innovando.

Un dos temas que mais interesaron os asistentes foi a concienciación de Veraleza coa conciliación familiar e laboral, que practicase ata o punto de que eliminaron os horarios, coa condición de que os empregados cumpran cos servizos da empresa e os seus obxectivos, e cubran todas as súas horas ao final da semana.

E por certo que outro dato que dí moito da búsqueda da calidade na profesión que promove Veraleza é que a súa actual xefa de Administración, Mónica, formouse na nosa escola, na EFA A Cancela.
Todo un exemplo de emprendimiento do que aprendimos moito.

Share this Post