Obradoiro de panadería dirixido por Daniel Pampín
Dentro da Semana Gastrocultural, o pasado día 6 de abril tivemos na Efa A Cancela un Obradoiro de panadería dirixido por Daniel Pampin, da empresa “El Molino del abuelo”, onde aplica o seu saber como panadeiro, empregando as fariñas artesás destes muíños emblemáticos de Lalín.
O curso estivo centrado na utilización de fariñas da marca do O Muíño do Avó de Lalín, empresa para a que traballa Daniel como asesor técnico.Este curso forma parte do programa da III Semana Gastrocultural que durante toda a semana encheu de actividades a nosa axenda na Escola. Daniel, Pertence á terceira xeración de panadeiros da súa familia, unha panadería pontevedresa artesá,iniciouse moi nova no oficio no seu propia casa pero formouse como técnico e realizou prácticas en Alemaña, participou no campionato de España de panadería e hoxe en día asesora de forma técnica a multitude de clientes da empresa para a que traballa , O Muíño do Avó, é un muíño de pedra de fariñas galegas de grandísima calidade e que precisamente nesa diferenciación de alta calidade de cereais galegos e o seu moenda en pedra conseguen un produto cheo de carácter, textura e inconfundible sabor, respecto das fariñas de produción industrial. Por este motivo hoxe día é tan apreciada por prestixiosos cociñeiros, panadeiros e reposteiros que ven nesta fariña a base das súas receitas.
Tivemos como convidados a este taller aos alumnos de Manuel Antonio do ciclo de Panadería e a verdade foi unha gran iniciativa xa que enchemos o noso obradoiro de novas promesas do sector da panadería que compartiron unha mañá de aprendizaxe do mesmo xeito que algúns panadeiros colaboradores da nosa escola que nos acompañaron nesta mañá de grandes pans galegos.