Obradoiro de cociña navideña en A Cancela, aberto a todo o mundo

/ Novembro 24, 2019/ Noticias

Xa é tradición organizar todos os anos cando o Nadal se achega un curso ou obradoiro de cociña especial para estas datas. Fixémolo ademáis en cooperación ca Asociación de Mulleres Rurais de As Neves, unha entidade local que fai un gran traballo en prol do desenvolvemento rural e especialmente das mulleres.

Trátase de aproveitar o bo traballo, a creatividade e a pedagoxía do profesorado -e esta vez, xunto ca profesora Fátima, contamos coa axuda de dous alumnos destacados Maite e Brais, de 1º do Ciclo de Panadería e Repostería- para innovar un pouco e facer cousas diferentes, fáciles, resultonas, coas que deixar a familia (sí, sogra e cuñados tamén) encantada.

O menú preparado o primeiro día de curso cumpriu todos os obxectivos: Focaccia con pesto de ortigas, tetilla e tomate seco, roscón de Reyes, vasos de mousse de turrón e escuma de mandarina e cortizas de chocolate con varios sabores: mentol, pistacho, etc.

Veña, un menú de estrelas Michelin, ou case.

Nuns días celebraremos a segunda xornada do curso, que impartirá David, profesor en A Cancela, e do que só nos ten dito que acabará dun xeito moi doce… Non faltedes á cita! en EFA A Cancela

Share this Post