O noso alumnado de enfermería desfruta dunha sesión formativa de primeiro nivel impartida por Francisco Jesús Represas Carrera

/ Outubro 30, 2021/ Noticias

Este enfermeiro especialista en diversos campos sanitarios traballa actualmente na Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, imparte clases na Universidade de Vigo e é Presidente da Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria.

O traballo dos TCAE é fundamental no medio sanitario: son un elemento imprescindible no equipo de Enfermería“. Esta frase sinxela pero tremendamente motivadora para o noso alumnado marcou un dos momentos álxidos da estupenda sesión formativa que impartiu Francisco Jesús Represas na nosa aula taller de CAE o pasado luns 25 de outubro.

En sesións previas e tras estudar o seu perfil profesional, o noso alumnado traballou en equipos, de forma colaborativa, para crear un guión de preguntas co obxectivo de orientar a sesión cara a aspectos tremendamente interesantes e íntimamente ligados aos contidos de varios módulos do noso Ciclo de CAE.

Así, tomando este guión como base, Francisco Jesús Represas falounos de temas tan diversos como o futuro da vacinación COVID, o traballo dos TCAEs e enfermeiros/-as no medio sanitario e o futuro do SERGAS, incidindo na nova Área Sanitaria Dixital. Ademáis, tamén houbo tempo para falar sobre diabetes e EPOC, contidos sobre os cales o noso invitado xa escribiu varios libros.

 

Sempre é un pracer contar cun profesional deste nivel na nosa EFA. A súa capacidade para a divulgación non pasou desapercibida para o noso alumnado e traduciuse nunha sesión de gran relevancia que lles permitiu ampliar tanto os seus coñecementos como os seus horizontes profesionais.

Share this Post