O 1º CM de Xestión Administrativa e o 1º CS de Administración e finanzas seguen visitando empresas
Estes cursos visitaron a semana pasada o Grupo Aluman, en Arteixo (A Coruña); empresa con un gran prestixio internacional.
A visita tivo dúas partes:
- En primeiro lugar, explicáronnos as características do grupo, a súa actividade, empresas que teñen distribuídas no mundo (USA, México, Panamá, Reino Unido, Rusia, Marrocos e Colombia), que nos deron unha visión xeral da magnitude desta empresa.
- Logo, pasamos a ver a planta de fabricación.
O interesante é que os alumnos de 1º curso sigan tendo contacto coas empresas e que poidan observar o gran campo que teñen á hora de incorporarse ao mundo laboral.