Visita a escola unitaria Rubiós

/ Abril 20, 2021

A semana pasada, o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil visitou a Escola Unitaria de Rubiós, en dous grupos. Da man de Patricia,  a mestra que está ao cargo dos 13 nenos e nenas cos que actualmente conta a escola, puidemos acceder a ela sen a presenza dos menores, por medidas de seguridade …

Os alumnos do CM de Panadería e Pastelería participarán nun reto organizado por Vandemoortele

/ Abril 19, 2021

Esta semana os alumnos do CM de Panadería e Pastelería participarán nun reto organizado por Vandemoortele, empresa distribuidora de manteigas e margarinas de alta gama. O reto consistirá na elaboración dunha serie productos nos que deberán utilizar os diferentes tipos de manteigas, tendo en conta as súas características e posibles aplicacións. Desde o centro…

Sesión aulas hospitalarias

/ Abril 19, 2021

Esta semana dende o hospital de Ourense, Montserrat Otero, explicounos a súa traxectoria como docente dunha aula hospitalaria, como é o seu día a día e as experiencias que ao longo destes 19 anos tivo dentro da súa aula. Ademais mostrounos moitos materiais dos usados na aula e todos os que crearon especialmente para…

Sinerxias de aprendizaxe: Doces tradicionais de Melide e Requeixo de As Neves

/ Abril 16, 2021

O pasado mércores tivemos na escola unha  masterclass dirixida polo mestre pasteleiro Alberto Rodríguez, presidente da Asociación Melide Terra Doce -o colectivo local de reposteiros. Partimos dunha charla introdutoria sobre a importancia da calidade e orixe da materia prima a empregar nestas tradicionais elaboracións:   Melindres, Ricos e  a Amendoados, os tres doces artesanais que…

Globoflexia

/ Abril 14, 2021

A semana pasada o o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil disfrutou dun obradoiro práctico de Globoflexia, impartido por Paula Peña. Ademáis  de pasalo extremadamente ben, aprenderon a facer unha serie de figuras divertidísimas coas que os máis cativos disfrutarán, nun próximo futuro profesional destes súper-educadores.