NOTICIAS: Dez motivos polos que aprender inglés

/ Maio 17, 2016/ Noticias

students-703003_1920

Hoxe en día faise imprescindible o dominio de idiomas estranxeiros, e en especial o inglés, dado que é a lingua internacional por excelencia. Os nacidos en Galicia contamos coa vantaxe de contar xa con dúas linguas maternas, e polo tanto xa contamos con unha maior facilidade pra adoptar unha nova lingua. A continuación comprobaras por que debería interesarche aprender inglés.

1.                 Ten a súa parte divertida

O proceso de aprendizaxe debe incluír sempre unha parte práctica e de ocio, escoitando música, ollando películas ou xogando a xogos en inglés. Esta e a mellor forma de enriquecer o vocabulario con novos termos.

2.                 Clave de éxito na túa profesión

E unha lingua moi importante en tódolos ámbitos dun negocio. Os empresarios valoran positivamente o dominio do inglés a hora de contratar un novo empregado ou pode supoñer una diferenza clave a hora da promoción interna nunha empresa.

3.                 Abre a túa mente

Dende que somos ben cativos, aprendemos a ver o mundo da forma que o ven os nosos pais, nais e mestres. O aprender inglés, ou outra lingua estranxeira, cambia a nosa perspectiva de todo o que nos rodea.

4.                 Axuda a túa familia

Aprender a falar inglés pode ser determinante para salvar a vida dun familiar. ¿cómo? Imaxina que estas de viaxe coa familia no estranxeiro e por calquera motivo tes que pedir axuda para que un familiar reciba atención medica de urxencia.

5.                 Proporciona unha mellor conciencia do tempo

A fala inglesa esta marcada por 12 tempos verbais, algo moi inusitado nunha linguaxe. Esta peculiaridade provoca de forma natural un cambio na percepción do tempo.

6.                 É unha lingua de uso mundial

É ben sabido que o chino mandarín e a lingua que falan máis persoas, e o español e a lingua que teñen máis persoas como lingua materna, pero o inglés e a lingua que máis xente aprende como segunda lingua, e a escollida primordialmente nas reunións internacionais de negocios.

7.                 Abre unha vía de comunicación internacional

O saber inglés, ábrense novas posibilidades para o teu presente e futuro. A barreira da linguaxe xa non te ten engaiolado dentro das fronteiras nacionais. Se tes un negocio, podes abrir novas vías de comunicación e acceder a novos mercados no estranxeiro, as posibilidades xa non teñen limite por mor do idioma.

8.                 Permitirache comunicarte en todo tipo de situacións e lugares.

Vaias onde vaias, estes onde estes, seguro que atopas alguén que fale inglés. Tanto se viaxas por negocios, coma se viaxas por ocio ou estudios, sempre poderás comunicarte en inglés.

9.                 Posibilita a comprensión de outras culturas

O aprender inglés, permíteche comprender mellor as culturas de outras nacións, e en concreto facilítache a comprensión das culturas británica e estadounidense, a través dos elementos primordiais de toda cultura: musica, literatura, cine, teatro e historia.

10.            Beneficia a túa saúde

Aprender novas aptitudes e habilidades sempre resulta positivo a hora de previr enfermidades relacionadas coa perda de memoria, como e o caso do Alzheimer. Aprender inglés por tanto e unha forma mais de previr este tipo de enfermidades.

 

Por tanto, estas dez razóns permitiranche ser consciente da importancia de aprender inglés, e das vantaxes que te ofrece tanto no ámbito persoal coma no ámbito laboral.

Share this Post