A molienda do Muiño, Visita de estudio do Ciclo de Panadería
Como parte da nosa formación, os alumnos de primeiro do ciclo medio de Panadería a pasada semana fixemos unha visita de estudio ó “Muíño do Cuña”. Está situado en Outeiro, parroquia de Rubiós, no concello de As Neves, e foi pasando de xeración en xeración ata chegar as mans de Belarmino, o seu dono actual.
Nos explicou todo o proceso da molienda que sufre o cereal ata que pasa a convertirse en fariña. O rio Xuliana e o encargado de pasar a través do muíño para dar funcionamento a toda a maquinaria. Vimos o muíño en funcionamento . Que chulo!! Este proceso sigue elaborándose de maneira artesanal en todas as súas fases. De forma habitual solen moler trigo e millo, inda que xa probaron outros tipos de grans como o de café.