Francia despide a Paul Bocuse, o ‘papa’ da cociña francesa

/ Xaneiro 23, 2018/ Noticias

Desde a nosa escola non queremos deixar pasar este acontecemento para lembrar a este cociñeiro q foi impulsor da boa cociña de mercado, a simplicidade, o rigor e os produtos frescos de proximidade.

Creador do movemento Noveau cociñe co que simplificou e modernizou receitas tradicionais. Foi o primeiro ‘ globalizador’ da cociña francesa, o primeiro que decide abrir un local en Nova York e outro en Xapón. E argumentaba dicindo: “A cociña é máis improvisación e non unha ciencia de arte que haxa que respectar… A cociña é como un cadro, píntase alí onde un vai e a gusto do artista“, aseguraba.

Creou o máis prestixioso concurso culinario do mundo e mantivo tres estrelas Michelin durante 50 anos no seu restaurante de Collonges- au- Mont-d’ Or, a poucos quilómetros de Lyon.

Tamén foi o primeiro gran chef en usar a televisión para popularizar a cociña. E pensou nos seus herdeiros ao crear unha fundación que leva o seu nome e transmitir o savoir- faire. confesaba seguir sempre lema desde os 19 anos, cando en plena Guerra Mundial o seu rexemento quedou decimado na Alsacia e conseguiu sobrevivir a pesar de ser lesionado … “traballar coma se debe vivir cen anos e vivir coma se fóra a morrer mañá.” Bonito lema e que fixo do unha forma de vida…

No noso obradoiro lembrámoslle e homenaxeamos ao noso modo. Usaremos a súa lema e aprenderemos do seu legado pois quizais leste será o mellor cociñeiro de todos os tempos!

Share this Post