FESTA DE NADAL NA EFA A CANCELA
Hoxe xoves día 17 celebraremos coma tódolos anos a Festa de Nadal.
Ás 18:00 celebraremos a Santa Misa na Capela do centro. A continuación un xurado externo decidirá o premio do Concurso de Beléns.
Os alumnos realizaron diversos Beléns, un por cada clase, con materiais reciclados na súa maioría: latas, botellas, cortizas, todos eles moi orixinais. O elexido gañará unha estupenda Cesta de Nadal.
De seguido cada clase cantará o Cántico de Nadal que estivemos a preparar nestes días. Tamén participarán no concurso de Cánticos con opción a gañar outra Cesta de Nadal.
Para finalizar degustaremos todos xuntos, familias, alumnos e a comunidade educativa en xeral, uns pinchos de Nadal elaborados polos alumnos do Ciclo de Panadería