ESTUDAR O CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS É UNHA BOA OPCIÓN?

/ Setembro 12, 2015/ Noticias

ciclo-csO número de estudantes na Formación Profesional segue incrementándose. Matriculáronse 90.000 alumnos máis no  2014 con respecto ao 2013, así que a opción de estudar FP empeza  a ser valorada entre o alumnado e tamén entre o tecido empresarial.

Como xa se comentou en artigos publicados anteriormente, o récord de contratos para incorporarse ao mundo laboral neste último ano foi para o CS de ADMINISTRACIÓN E FINANZAS.

Obter un título oficial de TÉCNICO SUPERIOR en Administración e Finanzas dáche a posibilidade de exercer a túa actividade nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal nunha empresa ou administración pública, e tamén nunha organización sen ánimo de lucro; sen obviar a posibilidade de emprender, ser traballador/a por conta propia e xestionar a túa propia empresa.

Daquela, por todas estas razóns, se tes bacharelato, proba de acceso, FP de segundo grao ou carreira universitaria É UNHA BOA OPCIÓN  MATRICULARTE NO CS DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS NESTE CENTRO.

INFÓRMATE. O prazo de solicitude de matrícula é ata o 25 DE SETEMBRO.

Share this Post