Estefanía Francos, unha empresaria con gran proxección
A pasada semana tivemos na escola como protagonista a Da Estefanía Francos, xerente da Pastelería SÉMOLA de Vigo. Tanto os alumnos de Panadería coma os dos Ciclos de Xestión Administrativa, participaron de esta charla profesional.
Estefanía Francos iniciou a súa exposición dunha forma moi creativa e interactiva, facendo unha serie de preguntas aos nosos alumnos para coñecer as súas expectativas dende un punto de vista de futuros traballadores.
Nesta parte da charla xurdiron moi vós razoamentos sobre a importancia de estar seguros de que é o que queremos ser e cara onde podemos chegar na nosa faceta profesional. Destacaron conclusións cheas de pinceladas de motivación, para enfrontarse as nosas primeiras experiencias de aprendizaxe no traballo, destacando por exemplo a importancia de comezar dende o máis baixo, e ir acadando metas pouco a pouco ata conseguir os grandes logros e éxitos, como podería ser o crear o noso propio proxecto ou negocio.
Na segunda parte da charla, Estefanía nos falou das súas loitas dende os inicios da súa empresa, con todas as dificultades que xurdiron e como, pouco a pouco, as foi superando. Hoxe en día esta pastelería conta con só tres anos de vida e xa ampliou o seu negocio a tres tendas máis o obrador.
Este crecemento e o resultado de que Sémola ten moi claro o feito de transmitir unha imaxe moi fresca de Pastelería e un gran proxecto que medra partindo dunha filosofía moi clara de ser referente do bo gusto e do bo facer no sector.
Imaxe: Sémola