Este curso ímonos de viaxe a Berlín

/ Novembro 11, 2016/ Noticias

berlin-51058_1280 Este curso 2016/17 a viaxe de estudos será a capital alemana, Berlín. Realizarase entre o 19 e 26 de febreiro e participarán os Ciclos de Administración e o de Panadería.
Teremos visitas conxuntas e tamén divididas según os intereses de cada Ciclo.
Faremos visitas guiadas en empresas como Mercedes Benz, Zalando , Siemens, O Parlamento Alemán, o Concello de cidade ou a Embaixada, entre outros.
Pola parte do Ciclo de Panadería poderemos ver o funcionamento da Academia de Panaderos,a Bäckerei Jute Panaderia Ecolóxica,  atenderanos o Estrela Michelin Markus Semmler, etc.
Tamén teremos tempo para as visitas culturais como o Museo Neus, o Monumento ó Holocausto, o Muro de Berlín,Sachsenhausen ou Berliner Unterwelten.
Será, sin dúbida unha viaxe moi productiva para os nosos alumnos.
wall-1123866_1280
Share this Post