EFA A Cancela presente en FORMATEA 2025

/ Marzo 26, 2025/ Noticias

Un ano máis, dende EFA A Cancela participamos en FORMATEA, a feira de ensinanzas artísticas e formación profesional que se celebra en Ponteareas hoxe e mañá. Durante estas xornadas, estamos a mostrar a nosa oferta educativa e destacando o valor da formación profesional e a promoción do rural en Galicia.

No noso stand tivemos a honra de recibir a visita de Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas, Agustín Reguera, delegado da Xunta en Pontevedra, e César Pérez Ares, delegado territorial de Educación. Transmitíronnos o seu apoio e recoñecemento ao noso labor na educación e no desenvolvemento do entorno rural.

Grazas a todos os que nos visitades e vos interesades polo noso proxecto educativo! Seguimos apostando polo futuro do noso alumnado.

 

 

Share this Post