Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Efa A Cancela participou na celebración do 25 de novembro como Día Internacional contra á Violencia de Xénero, xunto co IES Pazo da Merced e outras escolas da zoa, na praza do Concello en As Neves.
Desde as escolas apoiamos a conmemoración deste día coa finalidade de desterrar o machismo da nosa sociedade a través da educación e a “tolerancia 0”.
Os nosos alumnos leron un emotivo texto que invitaba á reflexión:
“A non violencia guía a ética superior, que é a meta de toda evolución. Ata que deixemos de danar a outros seres vivos seguimos sendo salvaxes” Dixo Thomas Edison.
E nós dicimos: ¿ E non será que neste mundo hai cada vez máis xente e menos persoas?
Violencia non só é matar a outras persoas. Hai violencia cando usamos unha palabra denigrante, cando facemos xestos para desprezar a outra persoa, cando obedecemos porque hai medo”.
A violencia é moito máis sútil, moito máis profunda.
Aprendamos a amarnos en liberdade e que ninguén sinta medo nunca máis.