Clausura do curso académico de A Cancela

O tradicional acto de fin de curso na EFA reuniu todos os ingredientes que fan desta escola de formación profesional un centro puntero para os estudios de Administración e Panadería no sur da provincia de Pontevedra.
Comenzo cunha misa de acción de grazas na igrexa da escola, seguida dun acto académico cheo de momentos sinalados, no que contamos coa presenza das autoridades que apoian a tarefa da EFA en prol da formación profesional.
Entre eles estaban o xefe territorial de Educación, D. César Pérez Ares, o director xeral da empresa Mascato, D. Julio Lloves, unha das empresas patrocinadoras que axudan á EFA de diversos xeitos.
Na mesa da presidencia do acto -celebrado no Auditorio do Concello de As Neves- figuraban tamén Belén Rodríguez Lago, presidenta da Federación das EFAS de Galicia; María del Carmen Gil, presidenta da Asociación EFA A Cancela, e Lara Fernández, directora da escola.
No  acto académico procedeuse á entrega de diplomas ós alumnos graduados, que viviron a xornada acompañados da súa familia e con gran emoción.
Este ano fixose un homenaxe a Tito Durán, pola súa colaboración coa EFA durante moitos anos. Durante a homenaxe disfrutamos da actuación de tres alumnas da EFA: Ana, Mariana e Tamara, que puxeron o sentimento ó momento da mano dos seus saxo e violonchelo.
Para rematar o día, voltamos á escola para disfrutar dunha degustación de produtos elaborados polos estudiantes de 1º do Ciclo de Panadería e servidos polos estudiantes do Ciclo de 1º de Xestión Administrativa, colaborando así os estudiantes en toda a celebración.
Un peche á altura de todo o vivido neste ano na EFA A Cancela, que resumimos neste video:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *