CLAUSURA DO CURSO 2013/2014
CLAUSURA DO CURSO 2013/2014
O pasado venres día 20 de xuño celebrouse o acto de clausura do presente curso.
ÁS 18:30 celebrouse a Santa Misa na Capela de A Cancela, oficiada polo párroco Don Manuel.
A continuación padres, alumnos, profesores e demais invitados asistiron ó Acto de Clausura no Auditorio Vázquez Portomeñe, nas Neves.
O acto estaba presidido polo Alcalde das Neves Raúl Emilio Castro, Mª Carmen Gil, Presidenta da Asociación Efa A Cancela, Enríque Rodríguez Rendo Secretario de la Federación de Efas de Galicia, Serafín Domínguez Gerente da Empresa BSH e María Antonia Simóns, directora da Escola.
Por medio dunha presentación en Power Point fíxose un percorrido por tódalas actividades e visitas realizadas neste curso, así como un agradecemento a tódalas empresas colaboradoras que recibiron os alumnos da Efa no período de prácticas.
A continuación cun emotivo vídeo amosamos o que é “Un día na Efa”, protagonizado polos alumnos.
De seguido realizouse a entrega de diplomas a tódolos graduados parar finalizar con diversas intervencións tanto da Mesa Presidencial como de alumnos deste ou de outros cursos.
Para finalizar pudiemos degustar dunha merenda feita polos alumnos de 1º do Ciclo de Panadería.