Charla sobre Réximes Patrimoniais e Herdanzas

/ Xuño 29, 2016/ Noticias

D.Jaime Hernández do Gabinete de Gándara Moure, impartiu o pasado xoves (23-06-2016),unha charla dirixida a alumnos e familias da escola , sobre réximes matrimoniais e herdanzas.

fotos teri 040
Fora solicitado por un grupo de alumnos interesados nestes temas, e o Gabinete Gándara Moure, proporcionounos ao conferenciante, D. Jaime Hernández ,licenciado en Dereito pola Universidade de Navarra, e con 13 anos de exercicio da profesión en varios países.
Foi unha charla extraordinariamente amena, moi bo comunicador e con moitos coñecementos, chegou de cheo ao público. Os asistentes corroboraron ao final o alto nivel da súa pònencia, a simpatía do conferenciante e a transmisión dos coñecementos adecuados ao contido.
Buscando as raíces do Dereito en España e a xustificación da lexislación a través da historia, chegamos a unha lexislación actual dificilmente xustificable, segundo uns principios de acordo á natureza das cousas, como o é a familia, o matrimonio e as causas hereditarias.

Share this Post