Avanzando na Dixitalización do Sistema Educativo Galego

/ Febreiro 1, 2023

Profesorado da EFA A Cancela participa hoxe neste evento organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na que directivos da propia Consellería e de Amtega informáronnos das principais novidades relacionadas co proceso de transformación dixital dos centros educativos así como da capacitación dixital dos membros da comunidade educativa. Román Rodríguez, Conselleiro…

PROXECTO ERASMUS+

/ Xaneiro 30, 2023

Nedía, Jacobo e Marta envíannos estas fotos desde o país onde están a desfrutar da súa Bolsa Erasmus+ EFA A Cancela. Estes alumnos do CFGM de Xestión Administrativa estarán a traballar nunha empresa europea ao redor de 6 meses cunha Bolsa Erasmus+ que lles permitirá vivir nestes países onde este tempo . No caso…

Concurso de tortas

/ Xaneiro 24, 2023

Esta fin de semana a Asociación Cultural Cillarga, de Ponteareas, convocou o seu tradicional concurso de tortas, que como vén sendo tradicional conta con profesores e alumnos da escola , como xurado do evento. Nesta ocasión: a nosa profesora foi Fátima e os alumnos: Erick, Paula e Flori, unha boa representación do equipo de…

Instituto Galego de Consumo

/ Xaneiro 11, 2023

Primeira sesión do ano no módulo de Comunicación e Atención ao Cliente dos cursos 2° do CFGM de Xestión Administrativa e 1° do CGGS de Administración e Finanzas: “Linguaxe publicitaria e Publicidade Ilícita”. Lucía Hermida, técnica no IGC en Santiago, foi a encargada de falarnos da linguaxe e protocolo que debemos seguir no mundo…

TRABALLANDO O MEDO Á ESCURIDADE

/ Xaneiro 11, 2023

Presentámosvos os traballos elaborados polo segundo curso do CFGS de Educación Infantil, no módulo de “Intervención con familias e atención a menores en risco social”. Son actividades encamiñadas a traballar o medo á escuridade nos nenos e nenas, tanto na Escola Infantil como no fogar.