Hoxe a nosa escola asistiu á inuguración do proxecto “Dixitalizadas“, unha iniciativa da Fundación Mulleres, a Fundación Cibervoluntarios e Google. org, en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
Hoxe a nosa escola asistiu á inuguración do proxecto “Dixitalizadas“, unha iniciativa da Fundación Mulleres, a Fundación Cibervoluntarios e Google. org, en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
O pasado luns 29 de xaneiro os alumnos de administración visitaron as empresas INDITEX e VOZ DE GALICIA, que teñen a súa sede en Arteixo, A Coruña. Foron visitas moi interesantes e instrutivas para os nosos alumnos.
Santiago Campelo Mariño, alumno da EFA A CANCELA ven de conseguir o premio no concurso Gourmet Expourense. O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez viu á nosa escola no día de hoxe para felicitalo persoalmente por este gran logro.
Entre os días 4 e 6 de febreiro, o pavillón municipal de deportes «Álvaro Pino» de Ponteareas acollerá a «Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas» que busca que o alumnado que cursa ESO en Ponteareas, poida coñecer as distintas opcións que se lle ofrecen tanto de cara a elixir cursar bacharelato ou formación profesional.
O pasado día 23 de xaneiro, no Módulo de Comunicación e atención ó cliente fixemos varias simulacións, onde os alumnos tiñan que atender a clientes de varios perfís (o cliente dubitativo, o esixente, o perfeccionista…), tendo que saber afrontar as diferentes situacións.